Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

O Pazo de San Marcos acolle un curso para mellorar a resposta das administracións locais ante emerxencias humanitarias

Francisco Cajoto Caserío
FORMACION
FONDO GALEGO
Pazo de San Marcos
O Deputado de Recursos Sostibles participou na apertura da acción formativa Saber doar.A axuda humanitariadesde os concellos, promovida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade coa colaboración da Deputación

A Deputación de Lugo acolleu este lunsno Salón de Plenos do Pazo de San Marcos o cursoSaber doar. A axuda humanitaria desde os concellos, promovido polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade coa colaboración da Deputación de Lugo. A acción formativa que se desenvolve no Salón de Plenos da sede provincial busca mellorar a capacidade de resposta das administracións locais ante situacións de emerxencia humanitaria, fortalecendo a súa acción solidaria con criterios de eficacia, ética e coordinación institucional.


Durante a sesión inaugural, o Deputado de Recursos Sostibles e Alcalde de Foz, Francisco CajotoCaserío, destacou que “non chega con querer axudar, cómpre saber como axudar”, e referiuse a importancia da formación, planificación e cooperación entre administracións para garantir unha resposta profesional e respectuosa coa dignidade das persoas afectadas.


Francisco Cajoto lembrou diversas situacións recentes que puxeron a proba a capacidade de reacción dos concellos, “como a guerra de Ucraína, cando os concellos se mobilizaron para acoller familias e enviar axuda, ou a DANA en Valencia, onde, aínda existindo un gran clamor solidario, non estaba claro cal era a canle máis eficaz para que a axuda chegase rapidamente a quen máis a necesitaba”, explicou.


Agradeceu o Deputado o traballo do Fondo Galego de Cooperación, do persoal técnico e das entidades colaboradoraspola organización deste encontro, porque“a forza dos concellos é a proximidade; somos a primeira porta á que chama a veciñanza, e por iso debemos estar preparados”. Engadiu que “sós podemos facer cousas importantes, pero xuntos podemos facelas mellor, máis rápido e con maior impacto social”.


O curso está dirixida ao persoal político e técnico das administracións locais, así como ás asociacións con vontade de colaborar en situacións de crise. Estáimpartido por especialistas do Instituto de Estudos sobre Conflitos e Acción Humanitaria (IECAH), e distribúese en 4 módulos onde se abordan cuestións que se aproxima a aos principios humanitarios, as tipoloxías da axuda ou o marco normativo, coa finalidade de analizar o papel das administracións locais e ofrecendo pautaspara organizar unha resposta eficiente, coordinando esforzos para evitar duplicidades, desbotando ideas preconcibidas e evitando xerar falsas expectativas.


A Deputación de Lugo é a primeira parada deste curso que se desenvolverá tamén esta semana nas Deputacións de Pontevedra e Ourense e no Concello de Santiago de Compostela.