A Deputación reforza o seu compromiso co movemento veciñal nun Día do Veciño que congregou a unhas 5.000 persoas
“O movemento veciñal nin se compra nin se vende. É froito da xenerosidade e do traballo desinteresado de milleiros de persoas que cren na forza do colectivo”, destacou Pilar García Porto
A cita tivo lugar no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo e conta cunha achega económica da institución provincial de 18.000€, para a organización desta xornada multitudinaria de convivencia e participación do asociacionismo da provincia
A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, e Voceira Socialista do Goberno, Pilar García Porto, participou este domingo na 23ª edición do Día do Veciño, organizado pola Federación de Asociacións de Veciños de Lugo no Pazo de Feiras e Congresos da cidade lucense, que congregou arredor de 5.000 persoas de diferentes entidades e colectivos da provincia. Esta cita conta cunha achega da institución provincial de 18.000€, destinados á organización desta xornada de convivencia, participación e igualdade.
No acto de inauguración, Pilar García Porto destacou a importancia do asociacionismo e a participación cidadá, e fixo referencia a que “o movemento veciñal nin se compra nin se vende. É froito da xenerosidade e do traballo desinteresado de milleiros de persoas que cren na forza do colectivo.”
“O Día do Veciño é convivencia, participación e igualdade. É un espazo onde todas as persoas, sen importar idade ou procedencia, poden colaborar para mellorar o lugar onde vivimos”, aseverou a Deputada, quen subliñou ademais que a Deputación de Lugo seguirá traballando “ao lado das persoas e das entidades asociativas, apoiando iniciativas que fomenten a participación cidadá, a solidariedade e a cohesión social”.
Rematou agradecendo aos veciños e veciñas da provincia o labor desde os distintos colectivos veciñais porque sinalou, “grazas ao voso compromiso Lugo é unha provincia máis humana, máis activa e máis unida”.
No acto tamén estiveron presentes, o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón; o de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío; o de Medio Ambiente, Carlos López, e a Deputada de Economía, Redación, Facenda e Especial de Contas, Carmela López Moreno, a Subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia Rodríguez, entre outras autoridades.
Galardoados coa V de Veciño
No Día do Veciño 2025 fíxose entrega das 22 V de Veciño, uns galardóns cos que a Federación de Asociacións de Veciños recoñeceu o labor dun total de 22 persoas e entidades que destacaron por desempeñar un papel protagonista en favor da dinamización e promoción da súa comarca e, polo tanto, da provincia. Este ano foron galardoados:
• Roberto García González. Secretario xeral de Unións Agrarias
• JaimeLuis López Vázquez. Secretario xeral da Confederación de Empresarios e Presidente da Cámara de Comercio de Lugo
• Francisco Javier Neira Pampín.Urólogo
• Fernando Timiraos Carrasco. Traballador Municipal do Servicio de Deportes
• Lorenzo Armenteros del Olmo. Facultativo Especialista de Área de Medicina Familiar y Comunitaria
• María Luisa López Díaz. Secretaria Asociación de Veciños de San Lázaro
• Gonzalo Rodríguez Ferreiro. Presidente Asociación Veciños Xente de Xustás, Cospeito
• Alicia Carballedo.Directora Radio LugoCadena Ser
• José Ramón Latas Veiga. Plataforma Lugo Non Quere Cheiros
• Vocalía de laMujer de la Federación de AsociacionesVecinales de la zona Urbana de Gijón
• Asociación de Veciños de Bacoy (Alfoz)
• Elena EspinosaMangana. Deputada do Parlamento de Galicia
• José Rodríguez Rodríguez,José do Fondal. Veciño de Galegos
• Antonio González Chaín. Coordinador Xefe de Prevención de Riscos Laborais da Deputación Provincial de Lugo
• JoséEspinMejía. Exalcalde das Nogais
• María Martínez Guntín. Delegada de La Voz de Galicia en Lugo
• Olimpia López Rodríguez. Subdelegada do Goberno na provincia de Lugo
• GAC - GRUPO DE AXUDA A CARMEN
• AlejandroJesús Calvo Rodríguez. Consejero de Movilidad, Medio Ambiente y Gestión de Emergenciasdel Principado de Asturias
• ASOCIACIÓN VECINAL SANTA EUFEMIA DE LEMOS(MONFORTE DE LEMOS)
• BOMBEIROS FORESTAIS
• César Murias Pérez. Enxeñeiro