A Deputación participa en Lugo nos actos do Día Internacional contra o Cancro de Mama

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo RiveraCapón, participou este domingo en Lugo na ofrenda floral que a Asociación Española contra o Cancro de Mama (AECC) organizou na Mosquera con motivo do Día Internacional contra esta doenza. Xunto ao responsable provincial participaron tamén neste evento o presidente do colectivo lucense, José Manuel Rozas; e o Alcalde de Lugo e Deputado provincial, Miguel Fernández Méndez; entre outras autoridades. Baixo o lema Tomámonolo a peito, a AECC de Lugo instalou como en anos anteriores, diferentes puntos de distribución de plantas a cambio dun donativo por todo o centro histórico da cidade.

 

A Deputación mantén unha colaboración estreita coa AECC Lugo e achega anualmente 8.000€ a este colectivo para facilitar a atención psicosocial dos pacientes oncolóxicos da provincia e apoiar e impulsar accións que contribúen ao seu benestar.