O proxecto ten como finalidade capacitar á poboación do ámbito rural da provincia de Lugo en habilidades tecnolóxicas básicas, contribuíndo a reducir a fenda dixital existente. A través de accións formativas presenciais e de carácter gratuíto, as persoas participantes recibirán orientación e formación práctica no uso das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC), favorecendo así o desenvolvemento de competencias dixitais que lles faciliten a aprendizaxe permanente, a autonomía na xestión de trámites e servizos, e a mellora da súa vida cotiá.
O programa está financiado pola Unión Europea-Next GenerationEU dentro do programa Reto Rural Dixital e conta cun orzamento de 750.000 €.
Ligazón:
https://yparadigitalizarselugo.com/