A Deputación apoia a Alcer no seu labor de atender ás persoas con enfermidades renais
O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, acompañou este mércores á Asociación para a Loita contra as Enfermidades Renais de Lugo (Alcer Lugo) na mesa de informativa que instalou na Praza de San Marcos. Destacou Rivera Capón que na actualidade este colectivo conta con case 400 socios e puxo en valor a súa traxectoria, con máis de 40 anos traballando na provincia de Lugo. Trasladoulle ademais aos representantes deste colectivo que a Deputación de Lugo apoia o seu labor de atender ás persoas con este tipo de doenzas cunha achega 6.000€.