A Deputación asiste en A Coruña á gala de Premios Solidarios do Grupo Social ONCE Galicia

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, asistiu este xoves no Teatro Colón da Coruña á gala de Premios Solidarios, que organiza o Grupo Social ONCE co obxectivo de recoñecer o labor solidario tanto de persoas físicas como xurídicas. Os galardoados nesta edición foron a asociación Proyecto Hombre, o diario La Voz de Galicia, a iniciativa de Cáritas Arroupa-Moda Re e o Centro Dramático Galego. Ademais, tamén recibiron estes recoñecementos Ibrahima Diack e Magatte N´Diaye, os dous senegaleses que socorreron a Samuel Luiz, o mozo asesinado no Paseo Marítimo da Coruña no 2021.