Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo apoia a AFALU para a atención ás persoas enfermas de alzheimer e aos seus familiares

afalu

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, e o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, visitaron a mesa informativa e de sensibilización que a Asociación de Familiares e Enfermos de Alzheimer de Lugo (AFALU) instalou este venres na Praza de San Marcos para a concienciación con esta enfermidade ou outro tipo de demencia que afecta, só en Galicia, a 70.500 persoas. A Deputación colabora con AFALU cunha achega económica de 20.000 euros para a atención e apoio ás persoas doentes e aos seus familiares.