Deputación de Lugo
Economía

O Presidente da Deputación pon en valor a riqueza vitivinícola da Ribeira Sacra na Feira do Viño de Chantada

sector primario
Festa do Viño
Chantada
O mandatario provincial, José Tomé Roca, e a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García porto, asistiron este domingo á cuadraxésima edición desta cita, na que ofreceu o pregón o reitor da USC

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, asistiron este domingo á XL Feira do Viño de Chantada, na que ofreceu o pregón o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López. 

José Tomé puxo en valor a riqueza vitivinícola da Ribeira Sacra nesta cita, que abre o calendario de feiras do viño da comarca. “Falar de viño é falar de tradición, de industria, de cultura e tamén de emprego, de promoción da imaxe da nosa provincia e de turismo. A viticultura é unha actividade senlleira, que non deixa de renovarse e modernizarse para seguir medrando no futuro”, asegurou o mandatario provincial. Neste sentido, salientou que o apoio ao sector primario, tanto á actividade agrogandeira, forestal e do mar, como vitivinícola, “é unha das prioridades na nosa acción de Goberno na Deputación de Lugo”.

Nesta edición, que xa arrancou o venres, participan 15 bodegas da localidade que poñen á venda uns 1.000 litros de viño tinto e branco.