Deputación de Lugo

A Deputación participa na presentación en Lugo do libro Unha nova Olanda, do vilalbés Antón Baamonde

presentación
libro
Lugo

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este venres pola tarde en Lugo na presentación do libro Unha nova Olanda. De Ferrol ao Porto: as cidades galegas e o norte de Portugal no escenario global, do filósofo vilalbés Antón Baamonde. Un acto que acolleu o Vello Cárcere e no que tamén estivo a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, entre outras autoridades. 

Antón Baamonde é filósofo e autor dunha prolífica bibliografía. Con esta obra busca outra mirada sobre Galicia que, en palabras do autor,  “teña en conta a realidade dun país maiormente urbano que, se quere ter opcións de futuro, debe asumir a súa continuidade económica, social e cultural con Portugal”.