Deputación de Lugo

José Tomé reúnese co Presidente do Museo do Pobo Galego para estudar liñas de colaboración

José Tomé Roca
Museo do Pobo Galego
Encontro co Presidente do Museo do Pobo Galego.IMG01

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, mantivo este xoves en San Marcos un encontro co Presidente do Museo do Pobo Galego, Justo Beramendi, e co director e tesoureiro da pinacoteca, Manuel Vilar e Lino Bouzas, respectivamente, co obxectivo de estudar posibles liñas de colaboración e novos proxectos para desenvolver de maneira conxunta.  A Deputación de Lugo e o Museo do Pobo Galego veñen colaborando en numerosas iniciativas nos últimos anos que tiveron moi boa acollida entre a poboación da provincia, como exposicións e mostras arredor da cultura galega. 

Reunión co Presidente do Pobo Galego.IMG02