José Tomé reúnese co Presidente do Museo do Pobo Galego para estudar liñas de colaboración

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, mantivo este xoves en San Marcos un encontro co Presidente do Museo do Pobo Galego, Justo Beramendi, e co director e tesoureiro da pinacoteca, Manuel Vilar e Lino Bouzas, respectivamente, co obxectivo de estudar posibles liñas de colaboración e novos proxectos para desenvolver de maneira conxunta. A Deputación de Lugo e o Museo do Pobo Galego veñen colaborando en numerosas iniciativas nos últimos anos que tiveron moi boa acollida entre a poboación da provincia, como exposicións e mostras arredor da cultura galega.
