Deputación de Lugo
Formación

Fago, logo aprendo!, unha nova edición do campamento científico da USC no que participaran 150 estudantes

Lugo
educación
USC
Presentación 'XuvenCiencia'
edición do campamento XuvenCiencia, celebrarase do día 1 ao 5 de xullo. Hai 100 prazas dedicadas a estudantes novos e 50 aos que xa participaron en edicións anteriores

O Deputado destacou “é moi importante achegar aos rapaces este tipo de actividades, que fomenten o seu interese pola actividade científica, que é un motor da sociedade e do seu desenvolvemento, o programa inclúe actividades como a creación de vídeos contra o ciberbullying”

Polas mañás visitaranse centros e institucións colaboradoras polas mañás, mentres que as tardes están dirixidas a unha programacións máis lúdica co programa Lumieira Acompaña

O Deputado Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, e a Vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel Armesto, presentaron este luns no edificio de Vicerreitorías a VII Edición do Campamento de Verán XuvenCiencia, un campamento dirixido ao alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato, no que tamén poden participar rapaces e rapazas de 2º de bacharelato que xa participaran en anteriores edicións. Durante a presentación estiveron acompañadas da coordinadora deste campamento científico, Mercedes Novo.

O Deputado destacou “é moi importante achegar aos rapaces este tipo de actividades, que fomenten o seu interese pola actividade científica, que é un motor da sociedade e do seu desenvolvemento, por iso o programa inclúe actividades como a creación de vídeos contra o ciberbullying ou o poñer en dubida os estereotipos de xénero”.

O campamento, que se celebrará do día 1 ao 5 de xullo de 2019, e no que poderán participar 150 prazas: 100 están dirixidas ao alumnado novo mentres que 50 resérvanse para os que xa participaron en edicións anteriores, presenta un programa de achegamento á ciencia a través de actividades e proxectos formativas e lúdicas no que se abordarán tamén temas sociais.

O programa divídese entre as actividades comúns, as que son para o alumnado novo e as dirixidas aos estudantes veteráns, polas mañás visitaranse centros e institucións colaboradoras polas mañás, durante as que os rapaces participantes deberán elixir entre os obradoiros e proxectos que máis se adapten as súas preferencias, as tardes están dirixidas a unha programacións máis lúdica como xincanas, visitas ou actividades musicais grazas ao programa Lumieira Acompaña.