Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

45 usuarios de AFA Chantada reciben atención profesional co apoio do Goberno da Deputación

Chantada
benestar
Encontro en Chantada cos usuarios da Asociación de Familiares de enfermos de Alzheimer (AFA)
López Izquierdo mantivo un encontro cos preto de 45 usuarios da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras de demencias de Chantada que reciben atención profesional grazas a achega anual de 10.000 euros do Executivo Provincial

A Deputada sinalou que “dende o Goberno da Deputación colaboramos con AFAChantada para axudar a levar a cabo as actividades que se celebran no centro, así como os talleres que realizan no medio rural, atendendo a preto de 45 usuarios”

A Deputada de Benestar, Sonsoles López Izquierdo, mantivo un encontro cos preto de 45 usuarios da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras de demencias de Chantada (AFA Chantada). Fíxoo para coñecer de primeira man os resultados da colaboración que mantén o Goberno da Deputación con este colectivo, que ascende aos 10.000 euros anuais.

A asociación presta atención a usuarios con alzheimer no seu centro de traballo en Chantada, e tamén no medio rural, pois varias terapeutas desprázanse a catro aldeas do municipio para levar a cabo talleres de memoria. O resto de actividades que levan a cabo os profesionais dende o centro son: talleres terapéuticos, ximnasia, servizo de masaxista e servizo de neuropsicoloxía individual.

López Izquierdo sinalou que “dende o Goberno da Deputación colaboramos con AFA Chantada para axudar a levar a cabo as actividades que se celebran no centro, así como os talleres que realizan no medio rural, para mellorar a calidade de vida dos preto de 45 usuarios que atende esta asociación”.

AFA Chantada
Este colectivo social creouse no ano 2005, a proposta dun grupo de coidadoras que queren atender a persoas con este tipo de enfermidade, creando así a asociación. Este colectivo céntranse na atención personalizada, na prevención e a ralentización do alzheimer. O equipo profesional deste centro está formado por 7 empregados: dúas psicólogas, unha traballadora social, un fisioterapeuta, unha terapeuta ocupacional e dous auxiliares de enfermería. Traballan en aspectos terapéuticos, a través de obradoiros de ximnasia, servizos de masaxista e actividades de neuropsicoloxía individual. Ademais AFAChantada achega aos Concellos de Taboada e Carballedo talleres de memoria.