Deputación de Lugo
Infraestruturas

A Deputación mellora accesos e o pavillón en Ourol, que non se acondicionaban dende hai 20 anos

Ourol
infraestruturas
Accesos e pavillón de Ourol
Campos Conde decidiu colaborar nesta iniciativa porque así llo solicitou o rexedor municipal, quen lle trasladou a necesidade de executar obras de melloras nestas dotacións públicas

“Somos a 1ª Deputación de Galicia e na 3ª de España que máis inviste en deporte por habitante e a institución que máis inviste en deporte na nosa provincia, triplicando a Xunta”, destacou Campos Conde

Estas instalacións, ademais de ser o lugar no que adestra o SD Ourol, acollen o campionato de fútbol sala, a loita de brazos e o campamento de verán infantil

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto ao Alcalde de Ourol, José Luís Pajón Camba, supervisou este mércores os traballos de mellora en accesos e no pavillón municipal de Ourol, que non se acondicionaba dende hai 20 anos. Campos Conde decidiu colaborar nesta iniciativa porque así llo solicitou o rexedor municipal, quen lle trasladou a necesidade de executar obras de melloras nestas dotacións públicas, que non foron rehabilitados dende a súa construción no ano 1999.

O pavillón polideportivo municipal é unha infraestrutura que empregan os deportistas do equipo de fútbol Sala SD Ourol, no que ademais de adestrar, realizan en semana santa, o campionato de fútbol sala. Tamén acolle a campionato de loita de brazos, unha proba deportiva na que participaron ducias de persoas chegadas de diferentes puntos da comunidade, e é o lugar no que se realiza o campamento de verán, no que participan cada ano uns 20 nenos.

Campos Gómez apuntou que “dende o Goberno da Deputación decidimos financiar estes traballamos para ofrecer a todos os veciños da nosa provincia servizos públicos nos seus Concellos porque son necesarios e xustos para garantir a igualdade de oportunidades vivas onde vivas e combater o despoboamento demográfico. Ademais, apostamos pola promoción do deporte como un hábito de vida saudable. De feito, somos a 1ª Deputación de Galicia e na 3ª de España que máis inviste en deporte por habitante e somos a institución que máis inviste en deporte na nosa provincia, triplicando o investimento da Xunta”.

As actuacións consistiron na mellora con aglomerado en quente da vía de acceso a esta instalación municipal e a dotación de novas beirarrúas, coa fin de garantir a seguridade, tanto dos coches como dos peóns. Por dentro, as obras consistiron na rehabilitación integral da pista multideportiva, que se dotou dunha nova capa de pintura acrílica.