CONCURSO FOTOGRAFÍA RESERVAS DA BIOSFERA

A VII Edición do Concurso de Fotografía ten como fío condutor para este ano 2021: “Sendeiros das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses”. Con esta temática preténdese poñer en valor, dar a coñecer e divulgar o patrimonio natural e cultural destas Reservas da Biosfera, o cal é unha das ferramentas fundamentais para o desenvolvemento destas zonas.

Beneficiarios

Poderán participar no concurso todas as persoas maiores de idade que estean interesadas, con obras que non foran premiadas con anterioridade.

Non poderán participar nesta VII Convocatoria os beneficiarios dos tres premios da edición anterior.

Premios

A contía total do concurso será de 1.600,00 euros divididos en tres premios:

1er Premio: 800,00 euros

2º Premio: 500,00 euros

3er Premio: 300,00 euros

Prazo de presentación

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte á publicación no B.O.P de Lugo da presente convocatoria e bases, e finalizará o vindeiro 17 de setembro de 2021.

Forma de presentación

As solicitudes xunto coas fotografías presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Lugo, Praza San Marcos, 8 (Lugo) ou remitiránse por correo postal certificado, ademais do resto de opcións recollidas conforme ao establecido no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, a:

-DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

-Rexistro Xeral

-“CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DAS RESERVAS DA BIOSFERA TERRAS DO MIÑO E OS ANCARES LUCENSES”

-Praza San Marcos, 8, 27001-LUGO

No caso de presentar a solicitude de participación nun rexistro distinto ao da Deputación Provincial de Lugo, deberá remitirse na mesma data da presentación un correo electrónico ao enderezo und.medioambiente@deputacionlugo.org no que se achegue o xustificante da presentación da solicitude no rexistro correspondente.

A documentación a presentar para participar no concurso de fotografía será a seguinte:

  1. O Anexo I “Solicitude participación” debidamente cumprimentado e asinado.

  2. O Anexo II “Declaración responsable” debidamente cumprimentado e asinado.

  3. Copia do D.N.I., pasaporte ou equivalente do solicitante.

  4. Un sobre pechado rotulado no exterior coa frase “CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DAS RESERVAS DA BIOSFERA TERRAS DO MIÑO E OS ANCARES LUCENSES” e o lema ou título da fotografía, sen outras identificacións persoais, no que se incluirá a fotografía en papel e no soporte dixital (CD-ROM ou memoria USB).

Outros datos

Deberase presentar unha única fotografía por solicitante, quedando excluídas do presente procedemento aquelas persoas que presentaran máis dunha fotografía ao concurso, ben nunha mesma solicitude ou en varias.

En ningún caso se devolverán as fotografías aos participantes no concurso.
 

DOCUMENTOS

Bases

Anexo I pdf

Anexo I editable

Anexo II pdf

Anexo II editable

RESOLUCIÓN

Acta Comisión Avaliadora (26-11-2021)

Publicación da Resolución do VII Concurso (BOP 13-12-2021)

 

Axenda Medioambiente, Medio Rural e do Mar