VIII CONCURSO FOTOGRAFÍA RESERVAS DA BIOSFERA TERRAS DO MIÑO E OS ANCARES LUCENSES - 2025

A VIII Edición do Concurso de Fotografía terá como fío condutor nesta edición do 2025 “O patrimonio etnográfico material das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses”, coa finalidade de poñer en valor, dar a coñecer e divulgar o patrimonio etnográfico material representativo do aproveitamento sostible dos recursos naturais destas Reservas da Biosfera.

Neste particular cómpre aclarar que a temática “Patrimonio etnográfico material das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses” inclúe, entre outros bens, hórreos, muíños, aceas, lavadoiros, fontes, pontellas, cortíns, pallozas e outras construcións tradicionais, que constitúen a pegada dos nosos devanceiros e o seu bo facer á hora de aproveitar os recursos dun xeito sostible sen comprometer á súa persistencia ou esgotamento.

Concesión provisional dos premios da Convocatoria do VIII Concurso de Fotografía "O patrimonio etnográfico material das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses" Ano 2025 (BOP 21.04.2025)

Para os efectos oportunos, en relación á Convocatoria do VIII Concurso de Fotografía “O patrimonio etnográfico material das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses” Ano 2025, a Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo en sesión celebrada o 11 de abril de 2025, acordou:

Primeiro. Aprobar a concesión provisional dos tres premios do VIII Concurso de Fotografía “O patrimonio etnográfico material das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Os Ancares Lucenses” no ano 2025:

  • 1º Premio, dotado con 800,00 €, á fotografía “Arb(h)ó(r)reo: Raíces dos Ancares” de Javier Cabana Soengas con NIF ***8029**.
  • 2º Premio, dotado con 500,00 €, á fotografía “Crepúsculo no río Neira” de Ana María Taboada García con NIF ***7175**.
  • 3ª Premio, dotado con 300,00 €, á fotografía “Pota e forno de leña, tradición e patrimonio dos nosos fogares” de Iago Manoel Souto Lorenzo con NIF ***2953**.

Segundo a listaxe que se anexa que especifica os criterios de valoración empregados na avaliación, así como a desestimación do resto de solicitudes, de acordo cos criterios reflectidos na base 8ª da convocatoria, segundo a especificación que consta na acta da Comisión de Avaliación.

Segundo. O presente acordo de concesión de carácter provisional terá carácter definitivo no caso de finalizar o trámite de audiencia sen que se formulen alegacións e procederase á publicación no BOP e na páxina web da Deputación de Lugo www.deputacionlugo.gal do anuncio correspondente para o seu coñecemento e efectos oportunos.

Terceiro. Notificar o presente acordo de concesión provisional aos interesados de acordo co previsto na base novena da convocatoria, concedéndolles un prazo de dez días hábiles, a contar dende o día seguinte ao da publicación do citado acordo de concesión provisional no BOP, para presentar alegacións.

Outros datos

  • As obras deben ser inéditas e non poden ter sido premiadas con anterioridade.

  • Deberase presentar unha única fotografía por solicitante, quedando excluídas do presente procedemento aquelas persoas que presentasen mais dunha fotografía ao concurso, ben nunha mesma solicitude ou en varias.

  • A fotografía poderá ser realizada en branco e negro ou en cor, e deberá presentarse seguindo os requisitos da base quinta.

  • Os autores das obras premiadas cederán a favor da Deputación Provincial de Lugo todos os dereitos patrimoniais destas, en especial os dereitos de exposición, publicación e calquera outros relacionados coa difusión, citando sempre o nome do autor. Estes dereitos estenderanse a un período total de trinta anos.

  • En ningún caso se devolverán as fotografías aos participantes no concurso.

Documentos da convocatoria

Anuncio concesión provisional BOP 21.04.2025

Anuncio ampliación de prazo BOP 24.01.2025

Anuncio convocatoria BOP 20.11.2024

Bases 

Anexo I pdf (Solicitude de participación)

Anexo I editable (Solicitude de participación)