Menu toggle
Medio Rural e do Mar, Mocidade

Rubias galegas en Cervantes

Gandaría pertencente a Cooperativa A Carqueixa integrada en ACRUGA

 

Axudas para a Dinamización e Potenciación da Integridade da Raza Bovina Rubia Galega


Trátase de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva dentro da acción de fomento eixe 2 sobre a promoción e potenciación de reprodutoras inscritas no rexistro do libro xenealóxico da raza rubia galega nas granxas de vacún de carne da provincia de Lugo, destinadas aos titulares de explotacións gandeiras, coa finalidade de fomentar a inscrición de reprodutoras no Rexistro Definitivo da raza Rubia Gallega.

Para poder ser beneficiario da subvención será preciso que as explotacións figuren inscritas na Asociación Nacional de Criadores de Gando Selecto Vacún de raza Rubia Gallega (ACRUGA), no Libro Xenealóxico da raza Rubia Gallega.

Estas axudas acóllense ao Regulamento (UE) nº 1408/2013, da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de mínimis no sector agrícola, publicado no Diario Oficial da Unión Europea Serie L número 352 do 24 de decembro de 2013.

Beneficiarios

•    Gandeiro/a individual
•    Sociedades Agrarias de Transformación.
•    Persoas xurídicas que ostenten a titularidade de explotacións.
•    Comunidades de Bens e Sociedades Civís que sexan titulares de explotacións.
 

Cotía e importe máximo

A contía global destinada a esta actuación incluída no orzamento da Deputación Provincial de Lugo para o período 2019-2022 ascende a 800.000,00 €, correspondendo a cantidade de 200.000,00€ para cada unha das anualidades.

Prazo de presentación de solicitudes

Poderase facer por anualidade, durate todo o ano natural, a partir da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia. 

Acruga ostenta o título de entidade colaboradora do libro xenealóxico para a raza rubia galega, en virtude da orde do Ministerio de Agricultura de 24/04/1975 (BOE 7 de Xuño de 1975), polo que as solicitudes serán tramitadas a través dela. 

Rubia Galega en Cervantes

Gandaría pertencente a Cooperativa A Carqueixa integrada en ACRUGA

Documentación