Menu toggle
Medio Rural e do Mar, Mocidade
MUVICLA
Desfile de Gando ExpoLugo Rural

Desfile de Gando ExpoLugo Rural 2019

O Museo Vivo e Integrado do Campo e a Locomoción Agraria (MUVICLA) é un proxecto museolóxico innovador, para mellorar o coñecemento do rural galego de xeito integrado dentro dunha explotación agrogandeira en activo e co atractivo da maquinaria agrícola de época. Todas as pezas “expostas” están “vivas” e en funcionamento.


MUVICLA persegue un enfoque vinculante da historia de mecanización agraria co desenvolvemento rural sostible, posto que suaviza as diferencias entre os que creen que a produción de alimentos é posible sen tanta inversión en tecnoloxía mecánica e os que cren pola contra que sen máquinas cada vez máis complexas non é posible alimentar a crecente poboación mundial. En todo caso, a estrutura expositiva, a información parexa e o discurso recibido na visita ao MUVICLA transmitirá a paixón suficiente para transmitir os encantos e apaixoantes retos de vivir no rural e do rural. 


Todo comeza cando o promotor desta idea de museo, vivo (tódalas pezas funcionan ao 100%) e integrado (porque está no núcleo dunha casa de labranza en pleno funcionamento), decide restaurar un tractor, alá polo ano 2000, baixo a premisa de non desfacerse de unha ferramenta que custa moito sacrificio adquirir nunha casa de labranza, e, mentras está en activo serve para alimentar a quen o usa e a axudar a facelo a toda a sociedade. A partir de aí a velocidade de progresión desta actividade multiplicouse, xurdindo paralelamente o xermolo da Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica, asociación que marcou ritmo e tendencia a nivel do territorio Galego, Español e Internacional en eventos de promoción do medio rural, a través da arqueoloxía industrial agraria, e co fin de aumentar a autoestima do traballador do medio rural. Esta asociación, nacida no ano 2006, tivo xa no ano 2008 a capacidade de organizar, por primeira vez na historia, a “Primeira Peregrinación en Tractror Agrícola de Época a Santiago de Compostela”, documentándoo nun documental audiovisual en varios idiomas; na actualidade, a asociación, despois de celebrar máis de 10 anos de andadura, ter realizado máis de 80 eventos de relevancia considerable, e varias poublicacións escritas e audiovisuais, ten consolidada a súa finalidade e un recoñecido prestixio.


Desde o momento en que os actuais responsables da Casa de Vázquez deciden destinar a colección e recursos a formar o MUVIVLA, establécese un novo criterio que determinará as adquisicións, a distribución das instalacións e a adaptación á normativa vixente, coa finalidade de poder amosar, no entorno da casa de labranza en plena actividade, un dos museos de Galicia máis dinámicos e cun criterio de excelencia excepcional no seu contido e concepto, entre os Museos dedicados ao medio rural e á maquinaria agraria, precisamente pola concepción de “vivo” e “integrado”. Avánzase tamén no desenvolvendo dunha labor de mecenado, en canto á recuperación dalgunhas das pezas, de maquinaria agraria, que se irán adquirindo en avanzado estado de deterioro, pero que pola súa transcendencia cultural e social formarían parte do patrimonio industrial e social, cunha especial atención ao patrimonio pertencente a Galicia. 


En canto á localización, tanto a colección, como os almacéns de pezas para mostra futura, elementos de reposto e talleres de restauración atópase no lugar descrito na xustificación da ubicación. A colección ten desta forma un lugar onde iniciar a súa almacenaxe en perfecto estado de conservación. Sen supoñer custos adicionais que dificulten a viabilidade económica no futuro. Cun pequeno percorrido polas visitas recibidas na Casa de Vázquez desde que se iniciou a restauración de maquinaria agrícola de época e a xestación do museo, tamén a participación en algúns eventos, e tendo en conta o seu curto período de vida poderemos entender e visualizar o alcance en verdadeira magnitude que se pretende alcanzar co Museo. Igualmente é necesario realizar a pequena análise das actividades para xustificar o nome que pretende identificar o mellor posible o proxecto museológico. MUVICLA, foi o resultado dun proceso democrático de discusión onde a derradeira palabra a tivo o membro máis novo da familia, Brais, con 12 anos, que propuxo cambiar MVICLA (so as iniciais), por MUVICLA (coa sílaba de museo), quedando así disposta a configuración final do nome.


A área de Medio Rural, Mar e Mocidade colabora con 3.680,82 € coa exposición temporal “Promoción e difusión da historia do medio rural a través da mecanización”  onde se expoñen diversos exemplos de marcas de automóbiles de luxo que comezaron fabricando maquinaria agricola e mostrando como o medio rural e a agricultura constitúen as orixes de nosa cultura, reflexionando sobre a importancia de manter vivo o rural. 

Visita escolar ás instalacións de MUVICLA

Visita escolar ás instalacións de MUVICLA

Marcos Vazquez no desfile de gando da ExpoLugo 2019

Marcos Vazquez no desfile de gando da ExpoLugo 2019

Maquinaria agrícola

Maquinaria Agrícola en MUVICLA

Visita escolar ás instalacións de MUVICLA

Visita escolar ás instalacións de MUVICLA