Menu toggle
Medio Rural e do Mar, Mocidade
BOAGA
Concursos Morfolóxicos de Razas Autóctonas (Asovega en O Valadouro)

Concursos Morfolóxicos de Razas Autóctonas (Asovega, Avimós e Porco Celta no Valadouro)

A Federación de Razas Autóctonas de Galicia (BOAGA) é unha federación de asociacións sen ánimo de lucro que se constitúe en febreiro de 2001 e que nace coa finalidade básica de conservar e recuperar o patrimonio zooxenético que representan as razas autóctonas.

Desde BOAGA establecen os seguintes obxectivos:

  • A conservación paisaxística e medioambiental do territorio galego a través das nosas razas autóctonas.
  • A mellora e incremento da produtividade das explotacións gandeiras dos nosos produtores.
  • A potenciación e desenvolvemento das marcas para diferenciar as producións das razas autóctonas. O poder das marcas un produto diferente.
  • A potenciación do gandeiro como empresario. Que o gandeiro teña visión de empresario.
  • O impulso cara unha gandería e medio natural modernos, viables, sostibles e tradicionais.

Durante o ano 2020 Boaga leva a cabo o proxecto “fortalecemento do etiquetado de produtos con selo 100%raza autóctona, das razas autóctonas galegas” co que a área de Medio Rural, Mar e Mocidade colabora achegando 3.300,58 €. A correcta etiquetaxe dos produtos de razas autóctonas benefician a numerosos sectores: as ganteirías, transformación, comercialización e finalmente ao consumo. Este etiquetado aumenta a competitividade dos produtos, poñendo en valor a calidade, achegando valor engadido e favorecendo a sostenibilidade do medio rural

Avimós con Diego Rois, Director Técnico

Avimós con Diego Rois, Director Técnico

Asovega - Granxa Fleire (Riotorto)

Asovega - Granxa Fleire (Riotorto)

Foto Cabra Galega - Granxa Teixeiro e Pistón (Becerreá)

Foto Cabra Galega - Granxa Teixeiro e Pistón (Becerreá)

Centro de recursos zooxeneticos

Centro de Recursos Zooxenéticos de Fontefiz

Xornada de degustacion Chousa do Lea (Criador José Zapata Sanchez Avimos)

Xornada de degustacion Chousa do Lea (Criador José Zapata Sanchez Avimos)