Menu toggle
Deportes

IMPRESOS DE XUSTIFICACIÓN

 

__________________________________________________________________________________________________________________________

Para os efectos oportunos, publícase a listaxe de Subvencións concedidas en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos da Provincia de Lugo que participan en ligas ou campionatos oficiais federados por equipos de 1ª ou 2ª categoría absoluta estatal, para os gastos de temporada 2019-2020, por acordo da Xunta de Goberno da Deputación de Lugo, en sesión celebrada o 20 de novembro de 2020, de “Conceder as subvencións en réxime de concorrencia non competitiva, que se reflicten na listaxe que se achega”.

 

Publicación concesión subvencións concorrencia non competitiva 2020

 

De acordo co previsto nas bases da convocatoria a presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Lugo http://www.deputacionlugo.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Deputación de Lugo.

 

Para presentar a documentación na sede electrónica da Deputación Provincial pode acceder a través do seguinte enlace:

 

https://sede.deputacionlugo.org/opencms/opencms/sede

 

  • Sede electrónica
  • Tramites xerais
  • Presentación de escritos
  • Alta de solicitude

De se producir presentación presencial, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

 

Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles, a contar a partir do día seguinte da publicación no BOP de Lugo do extracto da convocatoria (BOP Núm. 216 do sábado, 19 de setembro 2020), polo tanto o prazo remata o 25 de setembro de 2020.

Bases

Documentación que debe presentar:

  • Anexo 1

  • Anexo 2

  • Anexo 3

  • Anexo 4

  • Anexo 5

  • Certificación da respectiva federación da correspondente disciplina deportiva das seguintes circunstancias, referidas á temporada deportiva 2019-2020

  • Proxecto e memoria completa e detallada da actividade deportiva e competitiva programada.

  • Copia do NIF do representante legal da entidade

  • Copia do NIF da entidade

  • Copia dos estatutos da entidade, inscritos no rexistro de asociación/entidades correspondente. No caso de telos presentados con anterioridade, deberá achegar certificado actualizado do secretario da entidade de que non se produciran modificacións desde a data da súa presentación. (Anexo IV)

  • Copia de certificado de inscrición no respectivo rexistro de entidades deportivas da Xunta de Galicia, no que conste o domicilio social do club ou copia de documento acreditativo análogo expedido pola delegación ou xefatura territorial competente, á data actual de publicación no BOP.

  • Certificados de estaren ao corrente no cumprimento das obrigas coa Axencia Tributaria Estatal, Facenda da Xunta de Galicia, coa Seguridade Social e o Servizo de Recadación Provincial, impostas polas disposicións vixentes.

Extracto convocatoria

 

Información: 982 260 063

Axenda Deportes e Mocidade