Menu toggle
Cooperación cos Concellos
 
OBXECTO

A adecuada planificación e xestión dos recursos humanos forma parte da cultura que toda organización debe ter, coidar e potenciar. Constitúen, ou deben constituír, un dos grandes activos das mesmas e, por outra banda, non debemos esquecer que a xestión dos recursos humanos está intimamente ligada á eficacia e á eficiencia da actuación administrativa e, xa que logo, á calidade na prestación dos servizos públicos. A cooperación e asistencia neste campo concrétase nas accións que se refiren no apartado seguinte.

CONTIDO
  1. Elaboración de Plans de Ordenación dos Recursos Humanos.
  2. Análise, descrición, clasificación e valoración dos postos de traballo.
  3. Elaboración dos cadros de persoal, relacións de postos de traballo e rexistros de persoal.
  4. Preparación de documentos e expedientes tipo en soporte dixital de cara á súa estandarización e homoxeneización.
  5. Promoción de acordos, pactos e convenios colectivos.
  6. Elaboración de estudos e circulares informativas sobre asuntos que se consideren de interese para os Concellos.
  7. Calquera outra acción nesta materia.

Axenda Cooperación cos Concellos