PROTOCOLO COVID-19 PARA USUARIOS

- Atenderase prioritariamente por medios electrónicos a través do correo electrónico arquivo@deputacionlugo.org ou do teléfono 982304043.
- No caso de consultas presenciais, realizaranse con cita previa e o aforo máximo será dunha persoa.
- O usuario accederá ao Arquivo con máscara e utilizará luvas para a consulta de documentos.
- O usuario ocupará a sala de consulta previamente ventilada e desinfectada.
- O Arquivo porá a disposición dos usuarios solucións hidroalcohólicas, auga, xabón e toallas de papel.
- A documentación consultada polo usuario permanecerá en corentena durante un período de tempo conveniente.
- O persoal do Arquivo respectará os protocolos de obrigado cumprimento.