A Deputación presenta no Concurso-Exposición da Fonsagrada 4 xovencas da Granxa Gayoso
O Deputado de Medio Ambiente e Alcalde da Fonsagrada, Carlos López López, asistiu este sábado ao L Concurso-Exposición de gando vacún celebrado no Recinto do Mercado Comarcal Gandeiro da localidade. Para a poxa de xovencas, a Deputación de Lugo presentou catro animais do centro de recría da Granxa Gayoso Castro. As reses de raza Rubia Galega das instalacións provinciais vendéronse a un prezo medio de de 3.475 euros. Xunto ao Deputado e Rexedor, acudiu o presidente da Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de Raza Rubia Galega (ACRUGA), César Dorado Pin, e outras autoridades.
Carlos López salientou a importancia e a calidade do certame e fixo entrega dos trofeos aos gañadores do concurso. A Granxa Gayoso Castro é un referente da actividade agrogandeira na provincia de Lugo a través da formación e a investigación que impulsa a Deputación de Lugo da man da Universidade de Santiago de Compostela (USC). As instalacións provinciais, situadas en Castro de Rei, acollen unha importante labor de apoio á recría de Rubia Galega en colaboración con ACRUGA e co primeiro centro de iniciativa pública creado en España para a recría de gando vacún de leite.