Deputación de Lugo

A Deputación participa na Xuntanza dos Maiores de Meira e enxalza o seu valor na sociedade

miguel fernández
Meira
maiores

O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, participou este venres xunto ao Alcalde do Concello de Meira, Antonio de Dios Álvarez, na Xuntanza dos Maiores, que se celebrou ao longo de toda a xornada neste municipio lucense. 

O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. 

Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.