Rematan en Quiroga e Sarria as xornadas divulgativas sobre a eclipse solar da Deputación
O ciclo de conferencias que organiza a Deputación de Lugo sobre a eclipse solar veñen de rematar este venres nos concellos de Quiroga e Sarria. A Doutora en astrofísica Lucía González impartiu estas últimas conferencias gratuítasimpulsadas co obxectivo de informar á cidadanía sobre este fenómeno astronómico.
O Deputado de Participación Cidadá, Iván Castro Díaz, asistiu á charla que tivo lugar na casa da cultura sarriá e recordou que “esta iniciativa forma parte dunha campaña informativa que iniciamos o pasado mes de maio cunha conferencia inaugural no Pazo de San Marcos”. Recordou ademais que “a campaña compleméntase coa distribución de 35.000 lentes homologadas e 45.000 dípticos informativos entre os concellos da provincia”.