Arranca no Pazo de San Marcos a feira agroalimentaria que organiza a Deputación para promover o desenvolvemento do rural
O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo RiveraCapón, inaugurou este venres no Salón de Actos do Pazo de San Marcos a feira agroalimentaria que organiza a institución provincial co obxectivo de impulsar a economía social e o desenvolvemento do medio rural. O evento celébrase durante este venres e sábado e reúne a produtores, cooperativas e profesionais do sector procedentes de Galicia e Portugal para compartir experiencias. O programa, dirixido tanto ao público xeral como a profesionais do sector, inclúe conferencias, obradoiros ou showcookings, entre outras moitas propostasgratuítas.
A feira forma parte do proxecto Agrosocial, cofinanciado polo programa europeo Interreg España-Portugal (POCTEP), no que participa activamente a Deputación de Lugo e conta cun orzamento de 1,9 millóns de euros. Nese sentido, PabloRivera avanzou que “o futuro do sector agroalimentarioconstrúese compartindo coñecemento, incorporando innovación e creando alianzas entre persoas e territorios. A Deputación de Lugo forma parte de Agrosocial porque cremos na cooperación como unha ferramenta útil, porque sabemos que os grandes retos necesitan respostas compartidas e porque queremos que todo ese coñecemento reverta en máis oportunidades para a nosa provincia”.
O programa
Tras a inauguración oficial celebráronse dous obradoiros técnicos, un deles centrado no deseño dun stand atractivo; e o outro sobre estratexias para desenvolver envases responsables. A xornada rematou cunha visita guiada pola cidade. A Feira continuará o sábado cunha exposición de postos na Praza de San Marcos e outras actividades paralelas entre as que destacan: un obradoiro sobre alimentación saudable da man da nutricionista Ángeles Novo; dous showcookings a cargo do cociñeiro Alejandro Méndez, eactuacións musicais, entre outras actividades.