Cultura
Deputación de Lugo

Cántigas e Frores versionarán o himno do CB Breogán con instrumentos de musica tradicional

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
CÁNTIGAS E FRORES
CB Breogán

Cántigas e Frores versionará o himno do CB Breogán “Seguimos en pé” con instrumentos de música tradicional.  A formación lucense traballará nos vindeiros meses na peza, co obxectivo de estreala na semana do Día das Letras Galegas.

A iniciativa lanzouse esta mañá no Pazo de San Marcos nun acto enmarcado no acordo de patrocinio entre a Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o club, que colabora así en diferentes accións de promoción do deporte, da convivencia, da inclusión ou da cultura e o patrimonio na provincia.

Efrén Castro subliñou que" desde a Vicepresidencia da Deputación de Lugo, e especialmente desde a área de Cultura, traballamos moi activamente pola música tradicional e fainos moita ilusión acompañar tamén esa dedicación desde a área de Deportes, dando soporte a esta iniciativa. O deporte fainos sentir orgullosos do noso. O noso é o Breogán e o noso é tamén a música tradicional que, xunto a lingua, vertebran culturalmente o noso país".

Nesa liña, subliñou "o importante que é o traballo das asociacions de música tradicional para o panorama actual da música galega,   con artistas e bandas que aprenderon e beberon do tradicional e que agora estaán revolucionando a música do país e triunfando en todo o Estado"

A asociación, creada en 1948 e recoñecida como unha das entidades de referencia na conservación, investigación e difusión da música, do baile e do traxe tradicional, recibirá o recoñecemento do Pazo no partido do vindeiro sábado entre CB Breogán e UCAM Murcia.