Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

Os maiores talentos galegos de Loita Olímpica cítanse mañá no Pazo

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
Deportes
LOITAS OLÍMIPICAS
PAZO
A instalación provincial acolle os campionatos galegos selectivos das categorías U13 e U17 de Loita Olímpica e o de Loita Sambo, selectivos para os campionatos estatais

O Pazo acolle mañá -31 de xaneiro – unha cita decisiva para a loita olímpica galega ao celebrárense os campionatos galegos de U13 e u17 de Loitas Olímpicas e o campionato galego de Loita Sambo, nos que se decidirá a representación galega para os campionatos estatais.

A competición, organizada pola Federación Galega e polo club Loita Lugo, reunirá  280 deportistas -100  en Loita Sambo e  180 en Loitas Olímpicas – de vintecinco clubs de toda Galiza, o que supón un “récord de participación”, segundo destacou na presentación Pablo Pintos, Director Técnico da Federación Galega de Loita e D.A.

A federación galega subliña tamén o aumento da representación de deportistas femininas nestes campionatos. “Ano tras ano, as mulleres gañan terreo nos deportes de combate. Outra mostra do crecemento é o aumento exponencial das mulleres no colectivo arbitral, sendo maioría no caso de Galicia: Verónica Pérez, Nerea Vila, Nerea Iglesias, Aimara Osco, Cristina Rodríguez ou Ana López do Club de Loita Lugo, que conta con varias colexiadas internacionais.

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro destacou que “ademais de ser o corazón do baloncesto na cidade, o Pazo ofrece ao tecido deportivo lucense a posibilidade de organizar estes eventos, que reforzan aos nosos clubs e deportistas” e animou a asistir á competición, con entrada de balde.

Na presentación participaron tamén Manuel Otero, xefe do Servizo Provincial de Deportes da Secretaría Xeral para o Deporte,  e Olga López Racamonde, concelleira de Benestar Social do Concello de Lugo