Deputación de Lugo

Unha xovenca da Granxa Gayoso bate récord na poxa de Adai cun prezo de 6.200€

POXA
granxa gayoso castro

Unha xovenca da Granxa Gayoso Castro da Deputación de Lugo bateu este martes récord na poxa de Adai, no concello do Corgo. O animal acadou un prezo de 6.200 euros, a cifra máis alta nas ventas de gando vacún nas que participou a institución provincial este ano.

A institución provincial vendeu un total de 17 exemplares de Raza Rubia Galega nesta cita. Os exemplares, inscritos e avaliados no marco do programa de mellora xenética que desenvolve a Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega (ACRUGA), proceden dun rabaño seleccionado polo seu valor morfolóxico, produtivo e reprodutivo. A colaboración entre a Deputación e ACRUGA permite garantir a calidade e trazabilidade dos animais postos á venda.

A poxa arrancou cun prezo de saída de 2.800 euros por exemplar. O prezo medio acadado foi de 3.952 euros, mentres que o máximo alcanzou os 6.200 euros.