O Presidente asiste en Pontevedra á entrega dos Premios Cogave, que recoñecen o labor de entidades e persoas a prol do movemento veciñal
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este sábado en Pontevedra na entrega de Premios Cogave Crer no Movemento Veciñal que organiza a Confederación Galega de Asociacións Veciñais. O acto, que tivo lugar na Finca Batacos e ao que asistiron numerosas autoridades e representantes do tecido asociativo e empresarial de toda Galicia, recoñeceu o labor de diferentes colectivos e persoas a prol do movemento veciñal, entre elas o Alcalde de Lugo e Deputado Provincial, Miguel Fernández Méndez, ou o Senador lucense, César Mogo Zaro, xunto con outros premiados e premiadas.