Deportes e mocidade
Deputación de Lugo

Efrén Castro anuncia a adxudicación da instalación do videomarcador do Pazo, que realizará Mondo Ibérica

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
Pazo dos Deportes
VIDEOMARCADOR
A Xunta de Goberno provincial aprobou este venres a adxudicación do contrato, por  266.583 euros

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro informou da adxudicación da instalación do videomarcador do Pazo dos Deportes á empresa Mondo Ibérica. A  Xunta de Goberno aprobou hoxe a adxudicación do contrato, que inclúe a subministración e a instalación do equipamento, por un importe de 266.583 euros.

Dacordo coa proposta presentada pola empresa, o videomarcador estará formado por un prisma rectangular LED de 50 m² de esquinas curvas, complementado por un anel LED inferior de 8 m² coa mesma forma. En conxunto, o videomarcador dispoñerá de 58 m² de superficie audiovisual, capaz de mostrar en alta calidade repeticións, gráficos, publicidade, estatísticas e retransmisións en directo.

Efrén Castro avanzou que “o videomarcador dará un salto tecnolóxico ao Pazo, e modernizará por completo a infraestructura audiovisual do recinto cun equipamento que mellorará a experiencia da afección e abrirá novas  posibilidades de patrocinio publicitario dos clubs. Chegar a  este punto foi complexo polas características da cuberta do Pazo. Houbo que realizar un gran traballo técnico para chegar a unha solución que permitira esta instalación así que hoxe é un gran día”

O contrato licitouse no mes de xuño, tras un realizarse un estudio sobre a capacidade de carga da cuberta que acreditase o peso máximo a instalar e a súa distribución.. En dito estudo, que determinou un peso máximo de 2.800 kg para este equipamento, baseáronse os requerimentos técnicos da licitación.

Coa adxudicación ábrese un prazo legal de 15 días para recurrir a adxudicación, transcurrido este tempo a Vicepresidencia da Deputación de Lugo reunirase coa adxudicataria para concretar prazos de instalación.