A Deputación súmase en Lugo ao recordo ás vítimas dos accidentes de tráfico
O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este luns diante da Xefatura Provincial de Tráfico de Lugo no minuto de silencio convocado polo Día Mundial en Recordo das Vítimas dos Accidentes de Tráfico. Unha xornada instaurada no ano 2005 polas Nacións Unidas que organiza a Dirección Xeral de Tráfico co obxectivo de dar visibilidade a unha das principais causas de morte evitable. A provincia de Lugo rexistra 23 vítimas mortais nas estradas no que vai de 2025, case o dobre das que se contabilizaban o ano pasado a estas alturas do ano.