Deputación de Lugo
Infraestruturas

A Deputación licita por máis de 400.000€ a mellora de dúas estradas en Sober e Ribeira de Piquín

A Xunta de Goberno aprobouinvestir na rehabilitación do firmedos últimos tres quilómetros da LU-P-4802, que é a estrada que vai da Pontenova a Ribeira de Piquín; e nos primeiros sete quilómetros da LU-P-5903, que conecta Sober conDoade

Licitado por máis de 1M€ o contrato de conservación e mantemento das estradas provinciais que corresponden á zona 5, nos concellos da Montaña da Fonsagrada, Negueira de Muñiz, Ribeira de Piquín e Navia de Suarna

Adxudicado tamén o lote1 do contrato para a prestación dos servizos de coordinación de seguridade e saúde nas obras e actuacións dos servizos da institución provincial no período 2025-2027, agás o de Vías de Obras e o Parque Móbil

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres licitarpor máis de 400.000€ as obras de mellora de dúas vías provinciais en Sober e Ribeira dePiquín. Así o informou a Voceira socialista, Pilar García Porto, despois da reunión semanal celebrada no Pazo de San Marcos. “Como vén sendo habitual cada semana, hoxe avanzamos un paso máis coa aprobación de novo investimento para manter a nosa rede viaria provincial nas mellores condicións. Este traballo demostra o compromiso desta administración provincial coa conservación e mellora dos 4.200 quilómetros que ten a nosa rede viaria, a máis ampla de toda España”, subliñou.

En Sobera institución provincial investirá tamén máis de 200.000€ (207.267.39) na mellora de sete quilómetros ó inicio da LU-P-5903, que é a estrada que conecta este municipio con Doade. Esta é unha vía fundamental para a Ribeira Sacra polo que supón tanto para o turismo como para o sector vitivinícola.

Concretamente, cun prazo de execución de 3 meses, a Deputación rehabilitará o primeiro tramo da vía: desde o quilómetro 1,3 ó 8. Os traballos consistirán na reapertura de cunetas, saneo da explanada, reparación de desperfectos e repavimentación.

Unhas obras que terán un impacto moi importante, porque esta vía dá acceso a miradoiros, bodegas e explotacións de viño, sendo unha infraestrutura clave para o desenvolvemento da economía local. En base a esa importancia, a Deputación leva investidos máis de 700.000€ nesta estrada nos últimos seis anos.


En Ribeira de Piquínquedou aprobada ademais a licitación doutro proxecto de rehabilitación dun tramo de algo máis de 3 quilómetros ó final da LU-P-4802, que é a estrada que conecta a Pontenova con este concello da Montaña, desde Santalla a Ponte Soutelo.

Os traballos, cun orzamento que supera os 200.000€ (206.099,34€) e un prazo de execución de 3 meses, afectarán o treito comprendido entre o punto quilométrico 19,7 e ó 23 (19,765 ó 22.933).Unha actuación que consistirá na reapertura de cunetas, execución dunha escollera, pavimentación con aglomerado en quente e sinalización horizontal e vertical.

Esta tamén é unha actuación moi importante, porque esta estrada conecta as comarcas da Mariña e da Montaña, artellando as parroquias situadas no corazón do val do Eo. Unha zona que ten un alto valor natural e paisaxístico.

Conservación e mantemento nas estradas da Montaña 

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo acordou este venres licitar por un importe de máis de 1M€ do contrato de conservación e mantemento da estradas de titularidade provincial que corresponde coa zona 5, que é a que conforman os concellos da Montaña Lucense da Fonsagrada, Negueira de Muñiz, Ribeira de Piquín e Navia de Suarna. Este contrato, no que se inclúen as actuacións correspondentes de conservación e mantemento desta zona, conta cunha duración de dous anos e poderá prorrogarse por outro ano máis. 

Adxudicado o lote 1 de coordinación de seguridade e saúde

Na Xunta de Goberno celebrada este venres aprobouse tamén a adxudicación do primeiro lote do contrato para a prestación dos servizos de coordinación de seguridade e saúde nas obras e actuacións nos diferentes servizos da institución provincial no período 2025-2027, quedando fóra as realizadas polo Servizo de Vías de Obras e polo Parque Móbil. A empresa adxudicataria é Norvalia Soluciones Multiservicios S.L.

O orzamento da adxudicación é de case 85.000€, aínda que o importe final dependerá das actuacións que se executen ao longo da súa vixencia. A duración inicial é de dous anos, con posibilidade de prórroga ata un máximo de catro anos.