Deputación de Lugo

O papel das frondosas no sector forestal galego centra as XXXVI Xornadas Luis Asorey que patrocina a Deputación

XORNADAS LUIS ASOREY

A cita, organizada pola Real Academia Galega de Ciencias en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, celebrarase no Salón de Actos do Pazo de San Marcos entre o 17 e o 27 de novembro

A institución provincial colabora con este evento cunha achega económica de 5.000€ e a retransmisión en directo a través da canle de Youtube do Servizo de Audiovisuais 
 

O Salón de Actos do Pazo de San Marcos acollerá a celebración das XXXVI Xornadas Luis Asorey que se celebrarán entre os días 17 e 27 de novembro e que este ano se centrarán no sector forestal galego: os retos, as fortalezas, as debilidades e o papel das frondosas. O evento, organizado pola Real Academia Galega de Ciencias da man da Universidade de Santiago de Compostela, conta co patrocinio da institución provincial que realiza unha achega económica de 5.000€ e, ademais, colabora coa difusión do evento que poderá seguirse en directo a través da canle de Youtube do Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo.

As persoas interesadas en asistir ás diferentes conferencia, que se desenvolverán de 19:00 a 21:00 horas, poden inscribirse a través desta ligazón: https://forms.gle/rh7xero5GFyBJDsY9 .

Programa


17 de novembro: Os retos do sector forestal galego: cambio climático, incendios, moratoria do eucalipto... a cargo de Antonio Rigueiro Rodríguez.

18 de novembro: Sanidade forestal en Galicia: pragas e doenzas das especies frondosas de interese forestal impartida por Mª Josefa Lombardero Díaz.

19 de novembro: En bosque pequeno non hai carballos: opcións silvícolas para o carballo en Galicia a cargo de Roque Julio Rodríguez Soalleiro.

20 de novembro: O proxecto de valorización da madeira de frondosas de Galicia por Abelardo Nimo Silva.

24 de novembro: O mercado das frondosas para construción en Galicia e Europa da man de Vanesa Baño Gómez.

26 de novembro: Oportunidades do asociacionismo cara a xestión sostible dos montes. Compensación de Servizos ecosistémicos de Xosé Covelo Míguez. 

27 de novembro: Estratexia para o fomento da xestión activa das masas de frondosas en Galicia a cargo de José Luis Chan Rodríguez.