A Deputación participa en Lugo nos actos na honra á Virxe da Merced, patroa das Institucionais Penitenciarias
O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, asistiu este mércores no Auditorio Fuxan Os Ventos aos actos conmemorativos na honra á Virxe da Merced, patroa das Institucións Penitenciarias. Unha xornada que serviu para distinguir aos profesionais das prisións de Bonxe e Monterroso coa entrega de varias medallas ao mérito penitenciario. Ao acto tamén asistiu a Subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López; o Coronel Xefe da Comandancia da Garda Civil en Lugo, Luis Germán Avilés; Comisario Xefe da Policía Nacional de Lugo, Luis Miguel Romera; o Fiscal Xefe da Fiscalía Provincial de Lugo, Roberto Brezmes Caramanzana; o Director do Centro Penitenciario de Bonxe, José Manuel Pernás Arias; e Director do Centro Penitenciario de Monterroso, Félix Rodríguez Fernández, entre outras autoridades.