Cultura
Deputación de Lugo

Exposicións, demostracións en vivo e obradoiros marcan o XXV Encontro de Torneiros da Madeira de Xermade co apoio da Deputación

Francisco Cajoto Caserío
Encontro Internacional de Torneiros da Madeira
Xermade
O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este venres na inauguración da cita que se celebra ata o domingo e que conta achega económica da institución provincial 10.000€. No marco deste evento presentouse tamén o libro Encontros de Xermade editado polo 25 aniversario

“Este acto é moito máis ca unha feira ou unha exposición é un punto de encontro internacional onde a tradición galega dialoga con artesáns doutras culturas, onde se comparten técnicas, experiencias e tamén valores”

O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este venres xunto ao Alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, na inauguración do XXV Encontro Internacional de Torneiros da Madeira, a cita que se celebra no polideportivo deste municipio chairego ata este domingo e que reúne a reputados profesionais do mundo da tornaría. 

Cajoto Caserío recordou que este é “un evento moi especial porque forma parte do calendario cultural e artesanal da provincia”. Avanzou tamén que “se trata de moito máis ca unha feira ou unha exposición. É un punto de encontro internacional onde a tradición galega dialoga con artesáns doutras culturas, onde se comparten técnicas, experiencias e tamén valores: o respecto polo material, o orgullo do feito a man e a importancia de manter vivo un saber que pasa de xeración en xeración”.

O Deputado Provincial agradeceu a “todos os que facedes posible este encontro” e sinalou que a institución provincial colabora cunha achega económica de 10.000€ “seguiremos apoiando este evento e a todos os que traballades pola nosa cultura e o noso patrimonio. Sabemos que sen tradición non hai futuro, e sen artesáns non hai cultura viva”, rematou. 

Ao acto de inauguración tamén asistiu a Xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e o Deseño, Elena Fabeiro Castro, e o Presidente da Asociación Galega de Artesanía, José Manuel Salvado Sanín, entre outras autoridades. A programación deste ano inclúe obradoiros a cargo dos profesionais Jean François Escoulen, Carlyn Lindsay, Aitor Martínez, Adrián Pena e Lolo Castro; unha exhibición de pezas dos participantes do Encontro e a XVII edición da Exposición CONtornos.

Libro conmemorativo

No marco da inauguración desta cita, presentouse tamén o libro Encontros de Xermade editado polo 25 aniversario. Francisco Cajoto apuntou que a Deputación de Lugo colaborou coa impresión de 600 exemplares e destacou que “sentimos unprofundo orgullo por apoiar esta iniciativa. Sabemos que acultura e a artesanía son claves para construír un futurocon raíces”.

Felicitou tamén “ao Concello de Xermade, á AsociaciónAmigos da Madeira, á Fundación Pública Artesanía deGalicia e a todas as persoas que, con ilusión e entrega,fixeron posible esta historia. Sen elasnon poderíamos celebrar hoxe esteaniversario nin imaxinar os vindeiros vinte e cinco anos”.