Cultura
Deputación de Lugo

A Semana do Patrimonio Invisible guiou por espazos históricos e culturais da provincia máis de 400 persoas

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
SEMANA DO PATRIMONIO INVISIBLE
patrimonio
Os mananciais e o seminario de Mondoñedo ou o Pazo de Ferreiroá en Pantón, entre os destinos desta fin de semana

Iria Castro destacou o éxito desta iniciativa que deu a coñecer ao público tesouros agochados na provincia

Os mananciais e o seminario de Mondoñedo e o mosteiro de Lourenzá centraron as visitas das últimas xornadas da Semana do Patrimonio Invisible da provincia de Lugo promovida pola Vicepresidencia da Deputación, unha iniciativa enfocada en dar a coñecer espazos históricos e culturais habitualmente inaccesibles ou pouco coñecidos pola cidadanía en xeral.

A deputada de Cultura Iria Castro asistiu a unhas das visitas aos mananciais de Mondoñedo, nas que as persoas participantes coñeceron nas galerías subterráneas e antigos acueductos que conduciron a auga á cidade, unha obra de enxeñería hidraúlica con séculos de historia.

No seminario conciliar de Santa Catarina, o edificio máis grande de Mondoñedo, a visita centrouse, ademais da arquitectura, na ampla biblioteca que acumula a institución.

No mosteiro de Lourenzá, as persoas participantes achegáronse á vida monástica que acolleu o edificio, ademais de visitar o sepulcro de mármore do Conde Santo, do século XI.

Iria Castro valorou o desenvolvemento desta primeira edición da Semana do Patrimonio Invisible, na que se cubriron as máis de 400 prazas ofertadas nas nove localizacións da provincia que se propuxeron” e destacou “que as visitas aos mananciais de Mondoñedo  estiveron entre as máis demandadas xunto ás do encoro de Belesar e ás do pazo de Ferreiroá en Pantón”.

A responsable provincial explicou que “se organizaron grupos reducidos, arredor de 15 persoas, para garantir a inmersión na actividade e a interacción coas persoas que guiaron as visitas, cun discurso narrativo moi coidado e documentado”.

Ademais das visitas a localizacións da Mariña, a Semana do Patrimonio Invisible detívose esta fin de semana no pazo de Ferreiroá, en Pantón, unha propiedade particular que se abriu ao público cunha visita na que as persoas participantes descubriron obxectos e estancias legado dos tempos de esplendor da fidalguía galega.

A pasada fin de semana o encoro de Belesar (Chantada) - por primeira vez aberto a público non especializado-, á cova de Santalla de Louzara (Samos), á Ferrería de Penacova (Bóveda), ao mosteiro de San Vicente do Pino (Monforte de Lemos)