Deputación de Lugo

A Deputación participa na Festa dos Xubilados que reuniu en Guitiriz a preto de 600 persoas

Guitiriz

O Deputado de Participación Cidadá, Iván Castro Díaz, participou este xoves na Festa dos Xubilados organizada polo Concello de Guitiriz, un evento que xuntou a preto de 600 persoas no Pavillón Municipal Jonathan Carro Paz. Iván Castro acompañou á Alcaldesa de Guitiriz, MarisolMorandeiraMorandeira, nesta xornada de convivencia, na que se puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e se fomentou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.

Guitiriz