Carmela López inaugura en Burela a primeira etapa da 12ª Marcha Ciclista Unificada de Special Olympics

A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas e Alcaldesa de Burela, Carmela López Moreno, participou este xoves nos actos de inauguración e peche da primeira etapa da 12ª Marcha Ciclista Unificada que organiza Special Olympics e que percorreu os municipios de Burela e Cervo. Nesta cita, na que están a participar 44 persoas, divídese en catro tramos e tras o seu paso pola Mariña lucense, os deportistas continuarán o 4 de setembro o recorrido por Santiago de Compostela. Logo, o día 5, estarán no concello de Carballiño e culminarán a proba o 6 de outubro en Vilagarcía de Arousa.