Deputación de Lugo
Infraestruturas

A Deputación de Lugo despexa de neve as estradas provinciais da Montaña de Lugo

neve
rede viaria provincial
Montaña lucense

A Deputación de Lugo mantivo activo este xoves un operativo para paliar os efectos da neve nas estradas provinciais dos concellos da provincia afectados nas últimas horas. Na tarde deste día quedou aberta a totalidade da rede viaria provincial tras unha mañá de intenso traballo, nas que se acadaron espesores de 10-12 centímetros.  

Os concellos máis afectados pola neve foron os de Pedrafita do Cebreiro, Cervantes e Folgoso do Courel. O operativo despregou a 48 operarios e 32 máquinas e vehículos, dispoñendo, así mesmo, dos 12 silos de sal da Deputación abastecidos con 35 toneladas cada un.

Nas próximas horas o dispositivo manterase nas bases en alerta, prestando atención a evolución meteorolóxica para actuar no caso de que as nevaradas non remitan e impidan a circulación pola rede viaria provincial.