Deputación de Lugo
Medio ambiente

A Deputación anima aos nenos e nenas de Monforte a descubrir a agricultura ecolóxica

DÍA EUROPEO
agricultura ecolóxica
CRAEGA
O Deputado de Promoción Económica e Social, a primeira tenente de Alcalde monfortina, Gloria Prada, e o presidente do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, Francisco López, presentaron o libro Os Bolechas, os alimentos ecolóxicos, impulsado polo CRAEGA para conmemorar o Día Europeo deste tipo de cultivo

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, xunto á primeira tenente de Alcalde de Monforte, Gloria Prada, e o presidente do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, Francisco López Valladares, participou este venres na presentación do libro Os Bolechas, os alimentos ecolóxicos, un acto organizado polo  CRAEGA na cidade do Cabe coa presenza duns 400 alumnos e alumnas de centros educativos do municipio e tamén do propio autor da publicación, Pepe Carreiro, que debuxou os recoñecidos personaxes en directo. 

Rivera Capón animou aos máis pequenos a plantar e traballar os seus propios alimentos, e coñecer como facelo dun xeito ecolóxico, destacando a importancia destes recursos educativos para fomentar entre os nenos e nenas o coidado do planeta e o desenvolvemento sostible.