Deputación de Lugo

A Granxa Gayoso Castro da Deputación presenta catro novelas á poxa da Fonsagrada

O Deputado de Recursos Sostibles, Roberto Fernández Rico, e o Alcalde fonsagradino, Carlos López, participaron no encontro, que reuniu a un gran número de gandeiros e gandeiras da localidade e da contorna

O Deputado de Recursos Sostibles e Alcalde de Ribeira de Piquín, Roberto Fernández Rico, e o Alcalde da Fonsagrada, Carlos López, participaron este sábado na poxa de xovencas de raza Rubia Galega que tivo lugar no recinto feiral do concello fonsagradino. Unha cita gandeira á que a Deputación de Lugo achegou catro novelas da Granxa Gayoso Castro.

Este encontro contou coa participación de gandeiros e gandeiras da localidade e da contorna. O prezo doi aniaml máis elevado alcanzado foi de 2950€.