Deputación de Lugo
Infraestruturas

A Deputación acomete as obras para reparar a estrada de Martín, en Baleira, danada polas choivas

estradas provinciais
Baleira
Imaxe deputación de lugo
Inviste preto de 130.000€ nos traballos, que obrigan a cortar a vía a partir do vindeiro luns e durante un prazo máximo de tres semanas á altura do punto quilométrico 2,700, para restituír o sostemento da calzada neste punto

A Deputación de Lugo acomete as obras para reparar as estrada provincial LU-P-0406, de Martín a Crende, no concello de Baleira, que resultou danada polas choivas. A institución inviste preto de 130.000€ nos traballos, que obrigan a cortar a vía a partir do vindeiro luns, 27 de marzo, e durante un prazo máximo de tres semanas á altura do punto quilométrico 2,700, para restituír o sostemento da vía neste punto. 

A comezos de marzo  realizouse un estudo xeotécnico para coñecer o estado da estrada e posteriormente poder realizar os traballos que agora se levarán a cabo. Os cortes estarán debidamente sinalizados para que os usuarios e usuarias poidan tomar desvíos alternativos.