Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo
Turismo

A Deputación exhibe en Termatalia a riqueza termal que atesoura a provincia de Lugo

termatalia
EXPOURENSE
TURISMO TERMAL
turismo
lugo termal
O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, participou este xoves na inauguración desta cita que se celebra en Expourense entre hoxe e mañá con 140 expositores de Europa e América, 70 poñentes e 25 touroperadores

A institución provincial conta cun expositor neste evento para dar a coñecer a diversidade turística do territorio lucense, porque “temos a materia prima, traballamos cada día por ofrecer os tesouros da provincia do mellor xeito posible, e só nos queda reafirmarlle ao mundo que somos garantía de calidade”, explicou o Deputado

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este xoves no acto de inauguración da 20ª Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar, Termatalia, que se celebra hoxe e mañá no recinto feiral de Expourense, ubicado na cidade das Burgas. 

A participación do organismo provincial en Termatalia enmárcase dentro da política de promoción e reforzo da presenza de Lugo en grandes citas que axuden a dar a coñecer as potencialidades turísticas da provincia. Nesta ocasión, o territorio lucense reafirma a súa tradición termal nesta feira na que participan 140 expositores de Europa e América, 70 poñentes e 25 touroperadores.

Rivera Capón salientou en Ourense “a enorme oferta turística que o visitante pode atopar neste eido na provincia, sen perder de vista a gran tradición termal que atesouran numerosas zonas rurais ricas en augas mineiromediciais”. Nas súa palabras destacou que esta feira é moi importancia porque “establece unha sinerxía perfecta entre o negocio, a formación e a divulgación, a través dun programa completo de actividades profesionais nas que queda patente a necesidade da cooperación público-privada para o desenvolvemento do turismo termal e do benestar a todos os niveis”, sinalou.

Detallou que os tres balnearios cos que conta actualmente a provincia destacan polas súas singularidades históricas ou paisaxísticas. Na capital, en Lugo, está situado á beira do río Miño e conserva un dos poucos conxuntos termais que existen en España de orixe romano. Na Ulloa atópase o balneario Río Pambre, en Palas de Rei, en plena ruta xacobea, e permítelle ao visitante desfrutar dunha das contornas naturais de Galicia máis exuberantes. Ademais, en pleno corazón da Ribeira Sacra, o moderno balneario de Augas Santas comparte espazo coas ruínas do primitivo centro termal que funcionou ata mediados dos anos 50.
O Deputado incidiu que co expositor que a Deputación ten na feira contribúe a dar a coñecer a diversidade da provincia. “Temos a materia prima, traballamos cada día por ofrecer os tesouros da provincia do mellor xeito posible e só nos queda reafirmarlle ao mundo que somos garantía de calidade”.   

Programa Lugo Termal
A Deputación de Lugo potencia ademais o termalismo na provincia dende hai unha década a través do programa Lugo Termal. Unha iniciativa coa que a institución provincial ofrece descontos tres balnearios da provincia para favorecer o benestar da veciñanza e, ao mesmo tempo, impulsar o turismo sostible e de calidade a través do termalismo.