Deputación de Lugo
Turismo

A Deputación exalta a vaca cachena en Taboada a través do programa Saborea a túa provincia

Taboada
saborea a tua provincia

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou este sábado nunha nova parada do programa Saborea a túa Provincia. Taboada acolleu, na Praza de Riazón, esta cita gastronómica e de lecer impulsada pola Deputación de Lugo que contou con demostracións culinarias, actuacións musicais e obradoiros de cociña para os máis pequenos. Antonio Lorenzo, do restaurante A Faragulla de Chantada, elaborou un steak tartar de vaca cachena da gandería Cas Fidalgo con crocantes que fixo as delicias dos asistentes. Rechouchíos de Taboada e Atlántica foron os encargados de poñer ritmo a esta xornada lúdica na Ribeira Sacra.