Medio Rural e do Mar, Mocidade
Deputación de Lugo

 Medio Rural da Deputación colabora co proxecto Eo Alimenta, que promove a produción agroecolóxica e o consumo de proximidade

VICEPRESIDENCIA DEPUTACIÓN LUGO
medio rural
Mónica Freire
EO ALIMENTA
PRODUCIÓN ECOLÓXICA
CONSUMO DE PROXIMIDADE

Medio Rural da Deputación de Lugo colabora co proxecto Eo Alimenta, unha iniciativa que reúne persoas produtoras e consumidoras,  grupos de desenvolvemento rural e sindicatos agrarios e concellos da Mariña e do Occidente Asturiano co obxectivo de impulsar modelos de produción, distribución e consumo sostibles e de proximidade.

A deputada Mónica Freire participou este xoves en Ribadeo nun acto en que se presentou a Estratexia Alimentaria Eo Alimenta, UN documento que recolle as medidas e iniaciativas a desenvolver por este grupo de traballo, centradas na produción agroecolóxica e na sensibilización sobre a importancia dun modelo de alimentación de proximidade para a saúde. Ademais, durante o encontro, avanzouse a celebración do Festival da Alimentación Sostible dos vindeiros 23 e 24 de setembro, en Ribadeo.

A responsábel provincial sinalou a necesidade destas iniciativas para “avanzar cara a soberanía alimentaria, nun momento no que o cambio climático e a escaseza nos mercados internacionais demostran a importancia de fortalecer a produción primaria agraria”.

“Só deste xeito poderemos fomentar a viabilidade de novos procesos de emprendemento no rural, consolidando o consumo de alimentos decalidade diferenciada, de proximidade, con canais curtas de distribución, e cunha baixa pegada de carbono, fixando ademais a poboación no noso territorio”, engadiu a deputada mariñá, que lembrou o apoio da área de Medio Rural a outras iniciativas que poñen en valor a produción agroalimentaria de calidade e facilitan a venda directa como a plataforma de comercio electrónico “Son de Lugo”, con produtos agroalimentarios de toda a provincia.