Unha placa na Casa da Memoria de Bóveda lembrará a Manuel Díaz González “o pequeniño do Incio”
Lugo, 11 de setembro de 2026.- Coincidindo co 90 aniversario da captura e fusilamento de Manuel Díaz González, coñecido como “o pequeniño do Incio”, a asociación Memoria é Naufraga, co apoio da Vicepresidencia da Deputación, organiza unhas xornadas dedicadas á memoria histórica, que deron comezo co descubrimento dunha placa conmemorativa no que foi o derradeiro refuxio do “Médico dos Pobres”
O vicepresidente da Deputación e deputado de Memoria Histórica, Efrén Castro, participou neste acto que calificou de “emotivo e simbólico, ao celebrarse na mesma data do paseo de Manuel, un home a quen todos lembraban como bo e xeneroso”. Ademáis destacou a importancia das xornadas “e máis nestes tempos nos que hai quen nega a verdade do terror da represión franquista”.
As xornadas continuarán durante a fin de semana con diferentes actos en Lugo, O Incio e Bóveda.
Programa das III Xornadas da Memoria
VENRES 11 · Memoria e reflexión
Ás 17:00 h, en O Vello Cárcere de Lugo, conferencia e mesa redonda, coordinadas por Ramón Villares.
Conferencia "El legado del Dr. Manuel Díaz González: O Pequeniño do Incio", a cargo de José Luis Díaz Gómez, investigador titular do Departamento de Historia e Filosofía da Medicina da Facultade de Medicina da UNAM e membro da Academia Mexicana da Lingua.
Mesa redonda "A vida e obra do médico no contexto da II República", con Lourenzo Fernández Prieto, Claudio Rodríguez Fer, Carmen Blanco e José Luis Díaz Gómez.
SÁBADO 12 · Música e homenaxe
Ás 13:00 h, en A Casa da Memoria, concerto do cantautor Xosé Constenla, especializado en memoria histórica.
Ás 18:00 h, ofrenda floral no monolito xunto ao castiñeiro centenario onde foi asasinado o Dr. Manuel Díaz, entre Laiosa e O Incio. A continuación, homenaxe no busto situado na Praza da Vila de O Incio.
DOMINGO 13 · Cinema, poesía e teatro
Ás 12:00 h, proxección en A Casa da Memoria do filme "O Médico dos Pobres", dirixido por Federico A. Riobóo.
Ás 14:00 h, xantar na honra de Manuel Díaz González.
Ás 16:30 h, "Historia e poesía: memoria viva", con Xurxo Ayán e Olga Novo.
Ás 18:00 h, representación de "Vermellos", a cargo da compañía Rebuldeira Teatro de Sarria.