Deputación de Lugo
Infraestruturas

O dispositivo da Deputación despexa de neve 70 estradas que discorren por 12 concellos da Montaña e a zona sur

Deputación de Lugo
Plan Invernal
Rede provincial de estradas
A institución despregou esta noite 44 operarios e 29 máquinas e vehículos para facilitar a circulación e garantir a seguridade ante os efectos da borrasca Barra

Gran parte das vías manteñen unha circulación con dificultade, sendo necesario o uso de cadeas para todos os vehículos en zonas dos concellos de Cervantes, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro e A Fonsagrada

A Deputación de Lugo despregou 44 operarios e 29 máquinas e vehículos para paliar os efectos das nevaradas da borrasca Barra que afectan á rede viaria provincial, un dispositivo que traballa nunhas 70 estradas que discorren por 12 municipios da Montaña e da zona sur. Os equipos facilitaron a circulación e garantiron a seguridade despexando as estradas de neve e xeo, e atendendo as incidencias producidas, un traballo que comezou na madrugada deste xoves e continuou durante a mañá.

Os concellos afectados son Baleira, Becerreá, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Cervantes, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Quiroga, Ribas de Sil e Samos. Nas vías destes municipios transítase con dificultade polas intensas nevadas das últimas horas, que obrigan a todos os vehículos a usar cadeas en zonas de Cervantes, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro e A Fonsagrada. Así mesmo, en Navia está pechada a estrada LU-P-3508 de Rao por Murias a Balouto.

O dispositivo de seguridade mobilizado pola Deputación está formado por 44 operarios, 15 máquinas quitaneves con saleiro, 6 pick up con saleiro e cuña quitaneves, e 8 vehículos todoterreo de apoio. Así mesmo, os 12 silos de sal da Deputación dispoñen de 35 toneladas cada un para conseguir desfacer as placas de xeo que hai no firme e favorecer así a seguridade dos usuarios e usuarias das vías. 

A Deputación de Lugo mantén activo o dispositivo que puxo en marcha esta noite ante a previsión de nevaradas, e que está formado por 112 operarios e 50 máquinas.

As estradas provinciais afectadas polo temporal de neve na xornada deste mércores son as seguintes:

-Baleira: LU-P- O401, de Corveira, por Corneas al Restelo; LU-P- 0405, de Fonteo a Lastra.

- Becerreá: LU-P-0704, de Cereixal por Penamaior a Escola Alta Montaña; LU-P-0707, de Armesto por Tores As Nogais; LU-P-0708, de Cereixal a Louxas; LU-P-6221, de Triacastela polo Alto de Albela a Guilfrei; LU-P-0702, da estrada de Becerreá a Navia, por San Román de Cervantes a Degrada.

- Folgoso do Courel: LU-P-1301, de Seoane do Courel a Pedrafit; LU-P-1303, de Seoane por Visuña a Ferramulín; LU-P-1304, de Mostad por Romeor a Casares; LU-P-1305, de Campa por Vilar a Alto do Boi; LU-P-1306, da LU-651, en Megoxe a Herrería de Incio; LU-P-4501, do Poio, por Louzarela e Teixeira á de Samos a Caurel e acceso a Meiraos; LU-P-4701, da Pobra do Brollón, por Parada dos Montes; LU-P-4505, do Poio por Louzarela a Teixeira; LU-P-5004, de Cruz de Outeiro por Seara a Ferramulín; LU-P-5601, de Samos a Courel de Rampa a Santa Mariña. 

- Cervantes: LU-P-1401, da LU-723, por Degrada e Piornedo ao límite provincial; LU-P-1404, de San Román a Quindós; LU-P-1405, de Campa da Braña a Tres Bispos; LU-P-1411, de Vilanova al Portelo; LU-P-1412, de Quindos a Robledo, en Pena do Santo a Setecarballos; LU-P-0702; LU-P-1402; LU-P-1403; LU-P-1406; LU-P-1407; LU-P-1408; LU-P-1409; LU-P-1410; LU-P-3505; LU-P-4505.

- A Fonsagrada: LU-P-1906, de Pedrafitelas por Vilares a Os Cangos; LU-P-3601, de Acebo a Negueira de Muñiz; LU-P-1901, da Fonsagrada a Navia; LU-P-4606; LU-P-4811.

- Navia de Suarna: LU-P-3501, de Paradela ao Alto do Restelo; LU-P-3502, de Muñis a Rao; pechada a LU-P-3508, de Rao por Murias a Balouta; LU-P-3505; de Navia por Silvouta; LU-P-3509, de Navia ao alto de Labiadas; LU-P-1901, da Fonsagrada a Navia; LU-P-3503; LU-P-3509; LU-P-3511; LU-P-3512.

- Negueira de Muñiz: LU-P-3601, de Acebo a Negueira de Muñiz; LU-P-3602 “de Acebo a Negueira por Ouviaña a Asturias”.

- As Nogais: LU-P-3701, das Nogais, por Pintinidoira, á LU-P-4504;  LU-P-4503, de San Pedro, por Busnullan e Vilasol a Nullán.

- Pedrafita do Cebreiro: LU-P-4504, de Pedrafita al Portelo; LU-P-4503, de San Pedro por Busnullán a Nullán; LU-P-4505, de Louzarela por Queixadoiro a Filloval; LU-P-1301; LU-P-1304; LU-P-4501; LU-P-4502.

- Quiroga: LU-P-5001, de Ponte Barreiro a Vilarbacú; LU-P-5004, de Cruz de Outeiro, por Seara y Ferramulín ao límite provincial; LU-P-5002; LU-P-5005.

- Samos: LU-P-5603, de Aira Padrón, por Ponte de Louzar, a Praducelo; LU-P-5601, de Samos ao Courel e Rampa Sta. Mariña; LU-P-1306, de Megoxe a Ferrería do Incio; LU-P-5605, de Parada, por Santalla, a Ponte Louzara.

- Ribas de Sil: LU-P-5303, San Clodio-Torbeo-Ao límite Provincial; LU-P-5301, San Clodio-Alto da Cruz.