Cultura
Deputación de Lugo

O Museo de Lugo acolleu a presentación dunha publicación sobre o legado artístico de Camilo Díaz Baliño

VICEPRESIENCIA
CULTURA. MAITE FERREIRO

O Museo de Lugo acolleu a presentación do libro “O legado pioneiro de Camilo Díaz Baliño. Unha biografía artística”, de Iria-Friné Rivera Vázquez, editado pola Fundación Vicente Risco.

Acompañado por Xosé Díaz -neto de Camilo Díaz Baliño – e pola directora da Fundación Vicente Risco, Celia Pereira, a autora expuxo os contidos da publicación, que analiza as achegas do creador ferrolán en diferentes disciplinas plástica e a contribución da súa obra a mellorar o sentido de pertenza da sociedade galega poñéndolle rostro á historia, ás lenda e aos mitos de Galiza.

Na presentación do acto, a vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, sinalou a disposición “a apoiar as iniciativas que procuran o estudo, o recoñecemento e a valorización dos nosos referentes artísticos e  culturais”, e lembrou que a obra de Camilo Díaz Baliño está presente na colección arte de gravado e debuxo galego do Museo de Lugo, cun cartel do Cebreiro que o ilustrador realizou para a Exposición Iberoamericana de Sevilla de 1929.