Benestar Social e Igualdade
Deputación de Lugo

A Deputación súmase ao acto celebrado en Lugo para recadar fondos destinados á investigación do cancro de mama

Día Internacional do Cancro de Mama
Asociación Española Contra o Cancro

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e a Deputada de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Ana González Abelleira, participaron este domingo en Lugo nun acto con motivo do Día Mundial contra o Cancro de Mama organizado pola Asociación Española contra o Cancro de Mama de Lugo (AECC) e o grupo El Progreso, e co que colabora a institución provincial. Unha acción que tivo como obxectivo recadar fondos para a investigación desta enfermidade.